STARlette Boletín de STAR Servicios Lingüísticos, S.L.


Se desexa recibir este boletín nunha das linguas disponibles, pulse no idioma para enviarnos unha mensaxe: español, catalán, galego ou basco.
Se non desexa recibir de novo este boletín envíenos unha mensaxe coa palabra clave: borrar.

Editorial

      
    T
emos o pracer de comunicarlles o lanzamento do noso boletín de novas STARlette que terá unha periodicidade trimestral. Este boletín adícase ó mundo das novas tecnoloxías aplicadas á traducción e á terminoloxía técnica. STARlette é o primeiro na súa especie escrito nas catro linguas oficiais do Estado Español. Os nosos obxectivos son transmitir información interesante do mundo da documentación técnica multilingüe (DTM), acontecementos importantes e novas que sexan útiles para profesionais da lingua, traductores, terminólogos, xestores de proxectos, administradores de axencias ou departamentos de traducción, redactores técnicos, profesores, estudiantes, etc.

      

     O equipo de redacción está composto     por:

  • Michael Scholand: traducción asistida, finanzas e economía do negocio da traducción e localización.
  • Lidia Cámara de la Fuente: lingüística computacional, terminoloxía, documentación.
  • Jesús Sayols Lara: formación técnica de traductores, teoría da traducción.
  • Pamela Núñez: enxeñería lingüística e informática, sitios interesantes e novidades en Internet.

       


A nosa publicación, que ten un carácter absolutamente divulgativo, admite suxestións e críticas dos nosos lectores co obxectivo de mellorar en consecuencia a calidade de cada número. Para información ou propostas relacionadas co boletín envíe a súa mensaxe a starlette@star-group.net.


Transit revoluciona o mercado TAO no 2002

     Transit XV, a versión do sistema de traducción asistida que conmemora o seu 15º aniversario de existencia, ten unha imaxe renovada tanto na súa presentación coma na súa interface.
      Transit XV inclúe Transit e TermStar con funcionalidades optimizadas para cada aplicación. Transit XV, unha ferramenta de TAO única, acepta o tipo de arquivo Adobe Indesign e convírtese no sistema de xestión de memorias de traducción que permite traballar con máis formatos de documento.
      Dentro da xestión de proxectos, novas funcións axudan ó xestor a realizar análises e cálculos excepcionais durante calquera fase do proxecto de traducción e a almacenar parámetros importantes que farán posible determinar automaticamente o coste exacto


que o proxecto implica. O control de calidade e a coherencia na traducción son dúas características que se melloraron. A función de busca por concordancia conceptual localiza rapidamente termos en diversos contextos, o que incrementa notablemente a coherencia.
      O xestor de terminoloxía tamén ten unha función automatizada de creación de terminoloxía que fai posible a introducción de forma sinxela e rápida de termos nos diccionarios. Ademais, TermStar XV fai posible a creación profesional de terminoloxía mediante a función de arrastrar e colocar entre diferentes diccionarios, así coma con funcións de busca orientadas a bases de datos e funcións de formato máis avanzadas.

Transit XV = 15 anos de Transit

     Aínda que pareza incrible, o nome da versión conmemorativa está a dicilo todo: as orixes de Transit datan do 1986. Co obxectivo de optimizar a traducción dos archivos de script de IBM (un antecesor de SGML), os traductores entusiastas da informática de STAR crearon complexas macros. Mediante esas rutinas reciclaban unidades de traducción, non só atendendo á correcta traducción dos textos, senón tamén coidando as xa daquela protexidas etiquetas de maquetación. Os cementos para a primeira ferramenta de xestión das memorias de traducción con definicións de tipo de documento (DTD) propias establecéronse e ademais asignouselles un nome pegadizo: “Transit”.
      Nos anos sucesivos o concepto orixinal foise desenvolvendo e ampliando; creáronse os primeiros filtros para distintos formatos de archivo e, o que é máis importante, chegouse a unha conclusión revolucionaria: as memorias de traducción non se debían almacenar en bases de datos, senón coma arquivos paralelos. Esta decisión, igual cá marcación con etiquetas, reflectía o convencimento de preferir estándares transparentes a formatos propios do fabricante. Nada deixa ver mellor a superioridade e a visión de futuro deste concepto coma o feito de que o consorcio OSCAR, que reúne ós fabricantes de ferramentas da traducción asistida máis sobranceiras, estableza o formato estándar para o intercambio das memorias de traducción (TMX). ¡14 anos máis tarde! Este formato común para tódalas ferramentas de traducción asistida baséase na idea orixinal de Transit: Un almacén de traduccións baseado en arquivos que emprega para a descripción metalingüística da información un sistema de etiquetaxe estándar internacional: o XML. Así mismo, as reflexións orientadas á productividade desempeñaron unha función igual de


importante para que a balanza se inclinase a favor do concepto dos pares de arquivos bilingües, xa que se prevían os problemas no momento de xestionar grandes cantidades de información en bases de datos. Ademais, os xestores de proxectos podían controlar moito mellor o tipo de material que conviña empregar para a pretraducción, sen ter que posuír coñecementos na xestión de bases de datos.
      O desenvolvemento continuou e no 1991 estaba preparado: nacía o primeiro sistema integrado de traducción asistida, Transit 1.0. Xa nesa versión DOS (de 32 bits, por certo), os usuarios podían acceder nunha soa interface ó texto orixe e ó texto meta, podían xestionar terminoloxía, así coma crear e acceder ás notas do traductor, e todo isto integrado nunha soa aplicación que ademais contaba con tódalas funcións necesarias para a xestión de proxectos de traducción. A partir de 1991 avanzouse a unha grande velocidade. No 1994 lanzouse Transit 2.0 para Windows, unha versión de 16 bits. Incorporáronse máis prestacións, unha tras outra: compatibilidade en red, melloras considerables en canto á facilidade de utilización, estabilidade, calidade dos filtros e velocidade. Coa versión 2.6 introduciuse a lóxica difusa, e o desenvolvemento alcanzou o seu punto de perfección coa versión Transit 2.7. Durante anos, ningunha ferramenta TAO conseguira superala.
      Con Transit 3.0 e a nova versión conmemorativa, Transit XV, STAR continuou a construír os pilares nos que se fundamenta a súa filosofía: a compatibilidade cos estándares internacionais do procesamento de datos multilingües coma Unicode, XML, TMX, Martif, ODBC e TBX e a integración orientada ó usuario de tódalas funcións nunha soa aplicación.
15 anos de Transit: unha ollada atrás chea de orgullo e un balance con posibilidades certeiras de novos éxitos.


Formación técnica

      
    Áparte duns coñecementos lingüísticos suficientes da lingua base e a lingua meta, a práctica da traducción esixe posuír coñecementos sobre o campo de especialidade á que pertence a documentación que desexamos traducir.
      Os proxectos máis importantes que desenvolven as empresas de traducción e os traductores autónomos, agás o campo da informática, están relacionados coas ramas da inxeñería (electricidade, electrónica, hidráulica, mecánica, óptica, automoción, máquinas ferramentas, etc). Polo tanto, en STAR Servicios Lingüísticos consideramos oportuno ofrecer cursos de formación técnica para traductores, tanto ó personal interno da empresa así coma ós proveedores externos (traductores autónomos) e a calquera que estea interesado (alumnos das facultades de traducción, profesores, etc).


facultades de traducción, profesores, etc). O obxectivo de STAR Servicios Lingüísticos é tentar que os profesionais da traducción obteñan uns coñecementos básicos sobre diferentes campos técnicos e ofrecer unha adecuación terminolóxica en relación ós idiomas máis tratados (inglés e español, principalmente).
       As materias dos devanditos cursos inclúen, inicialmente, Automoción para traductores e Inxeñería para traductores. Asimismo, STAR Servicios Lingüísticos proporcionará a documentación acerca dos temas tratados en formato CD-ROM para que os participantes poidan dispoñer de toda a información para a súa consulta posterior. Para inscribirse ós cursos e para recibir máis información sobre as datas e os precios dos cursos, póñanse en contacto con jesus.sayols@star-group.net.


Lanzouse a revista dixital TRADUMÀTICA


    E
sta publicación é unha revista que aparecerá dúas veces ó ano e se publica exclusivamente en formato dixital en tres linguas: catalán, español e inglés. Tratará sobre a disciplina da tradumática entendida coma o conxunto de coñecementos e habilidades no emprego das Tecnoloxías da información e comunicación (TIC) que permiten desenvolver a tarefa da traducción dun xeito máis rápido, eficaz e fiable.
      A revista TRADUMÀTICA é parte do proxecto iniciado hai catro anos polo Departament de Traducció i d'Interpretació de la Universitat Autònoma de Barcelona. O equipo iniciou pioneraimente os cursos de formación continuada "Traducción y Nuevas

 

Tecnologías" que actualmente lograron o estatus de Postgrado en Tradumática. Neste postgrado o mundo empresarial ten tamén o seu espacio docente o que permite ó estudiante obter unha visión máis próxima do mundo laboral actual, ademais de establecer contactos coa empresa privada.
      O proxecto conta coa participación no Consello de Redacción de profesoras y profesores de diversas universidades: Universitat de Vic, Universitat Pompeu Fabra, Universitat Politècnica de Catalunya ademais da Universitat Autònoma de Barcelona dende onde diferentes docentes e investigadores están a traballar na aplicación da informática á traducción.


STAR Servicios Lingüísticos S.L.