| STARlette | Boletín n.º 4 de STAR Servicios Lingüísticos, S.L. |
| Editorial | TAO | Formación técnica | Novidades |
Se desexa recibir este boletín nalgunha das linguas dispoñibles, prema no idioma para nos enviar unha mensaxe: español, catalán, galego ou vasco. Se non desexa volver recibir este boletín, envíenos unha mensaxe coa palabra chave: borrar, e o seu enderezo de correo electrónico será eliminado da base de datos de STAR Servicios Lingüísticos. Se está interesado en obter máis información ó respecto, consulte o noso comunicado sobre a nova LSSI-CE. Se desexa que se publique algunha información relacionada coas tecnoloxías aplicadas á traducción e á terminoloxía técnica que sexa de utilidade para profesionais da lingua, traductores, terminólogos, xestores de proxectos, administradores de axencias ou departamentos de traducción, redactores técnicos, profesores, estudiantes, etc., envíe unha mensaxe a STAR I+D SL. |
|
Reinisch, novo distribuidor de STAR Technology &
Solutions Langenscheidt ofrecerá os seus diccionarios electrónicos
en formato TermStar |
|||
| Editorial | |||
| Dende que STAR Servicios Lingüísticos puxera en marcha por vez primeira en febreiro do ano 2002 os cursos pioneiros no Estado español de formación na automoción, telecomunicacións, informática e en enxeñería industrial, xa apareceron algunhas propostas semellantes no ámbito universitario. |
Dende aquí animamos a tódalas persoas a que se formen adicionalmente, posto que a capacitación técnica en combinación cunha sólida formación en humanidades abre unhas perspectivas laborais moi prometedoras, máis alá do ámbito da traducción.
|
||
ProActive: Automatización de procesos de traducción |
|
|
Lanzouse ó mercado a versión 2.0 de ProActive, a ferramenta para a automatización da xestión de proxectos de traducción. Cada vez é máis importante para calquera empresa acurta-los ciclos de desenvolvemento dun producto para manter unha presencia global sen atrasos. Isto inclúe os procesos de traducción ademais de tódolos demais procesos implicados no desenvolvemento do producto. Desta maneira continúase a ser competitivo nos mercados globais. |
Con Proactive, STAR ofrece un sistema para a automatización dos fluxos de traballo que se integra perfectamente con Transit e outras ferramentas para a localización. As características principais de Proactive son: |
| 1Para obter máis información acerca da posible integración de Proactive con programas externos de xestión de contidos, véxase STAR Technology & Solutions. | |
Máis información en: Olga.Rovira@dal.udl.es. Secretaría do Departament d'Anglès i Lingüística Desp. 1.26 -Edificio Rectorado- Universitat de Lleida. Tel.: 973 70 21 44. |
| Novidades bibliográficas | |
La traducción científico-técnica y la terminología en la sociedad de la información |
|
Vén de publicarse o libro titulado La traducción científico-técnica y la terminología en la sociedad de la información. Esta monografía colectiva, que inclúe 24 artigos, ofrece unha panorámica acerca do impacto que está exercendo a chamada sociedade da información sobre os ámbitos profesionais e académicos que están en auxe e que son especialmente sensibles ós avances das novas tecnoloxías: a traducción científico-técnica e a terminoloxía. |
á situación actual, o papel da interpretación no ámbito científico-técnico e a política lingüística europea en materia de comunicación especializada. Unha parte está dedicada á presentación de distintos proxectos de investigación no ámbito da terminoloxía e da traducción levados a cabo actualmente nas universidades españolas. No libro tamén se tratan as tecnoloxías imprescindibles no mundo da traducción e da terminoloxía, como os programas de traducción asistida Transit de STAR, Déjà Vu ou Trados, ou os programas de xestión terminolóxica, como TermStar ou WebTerm, tamén da empresa STAR. O volume conclúe cun apartado de notas biográficas que trazan o perfil profesional e investigador dos autores. |
Texto, terminología y traducción |
|
| Vén de publicarse o libro titulado Texto, terminología y traducción. Os oito artigos que constitúen esta compilación achegan novas liñas de investigación para amplia-lo estudio da traducción especializada dende unha perspectiva integral, que ampara tanto a teoría como a metodoloxía. Todos xiran en torno a tres eixos, que se corresponden cos tres apartados do libro: III. Traducción: proceso no que se conxugan cuestións de diversa índole (lingüísticas, sociais, culturais, etc.). |
calidade relevantes no proceso traductor, partindo da revisión do caso específico das traduccións institucionais, como os prazos de entrega, a precisión do texto traducido ou a reciclaxe do traductor. G. Corpas ofrece unha aplicación do traballo con córpora textuais á didáctica da traducción especializada e, por último, J. Conde, dende unha dimensión cultural presenta a necesidade de recorrer ó termo como unidade de análise e ós problemas da traducción no tocante á permanencia ou selección de unidades léxicas que correspondan ó sentido que se quere plasmar.
Recensión de Ricardo Guantiva Acosta
IULA/UPF |
STAR Servicios Lingüísticos S.L.