STAR Servicios Lingüísticos, S.L. screwdriver
STARlette Boletín n.° 7 de STAR Servicios Lingüísticos, S.L.

Editorial Normas de calidade Recursos lingüísticos I+D

Se desexa recibir este boletín nunha das linguas dispoñibles, prema en idioma para enviarnos unha mensaxe: español, catalán, galego, vasco o inglés. Se prefire ver as publicacións nalgunha destas linguas, visite a sección de actualidade na nosa páxina web.

Se non desexa volver recibir este boletín, envíenos unha mensaxe coa palabra clave: borrar, e o seu enderezo de correo electrónico será eliminado da base de datos de STAR Servicios Lingüísticos. Se está interesado en obter máis información ao respecto, visite a páxina sobre a nosa política de protección de datos: LOPD
 
Se desexa que se publique algunha información relacionada coas tecnoloxías aplicadas á tradución e á terminoloxía técnica que sexa de utilidade para profesionais da lingua, tradutores, terminólogos, xestores de proxectos, administradores de axencias ou departamentos de tradución, redactores técnicos, profesores, estudantes, etc., envíe unha mensaxe a STAR I+D SL.

Moi breves 

Tutorial Pavel de Terminología
O Bureau de la traduction do goberno canadense presentou a versión española do Pavel, manual de terminoloxía en liña. Información e consulta:
http://www.termium.com/didacticiel_tutorial/espanol/lecon1/page1_2_s.html
Moi recomendable para aqueles que non recibiron formación en terminoloxía e para aqueles que desexan refrescar os seus coñecementos.

Novos cursos de STAR Servicios Lingüísticos, SL
STAR Servicios Lingüísticos, SL ten previsto organizar unha nova edición de cursos de Transit e TermStar para tradutores e terminólogos. Se desexa obter máis información consulte http://www.star-spain.com/es/formacion/formtao.html


Editorial

     A xestión da calidade segue sendo un tema pendente e clave para o sector da tradución. Se ben existen xa diferentes normas de calidade para la produción de servizos lingüísticos, tamén é verdade, que a evolución do sector GILT (Globalización, Internacionalización, Localización, Tradución), así como a globalización dos mercados, en xeral, fai medrar a necesidade de contar cunha norma unificadora para as empresas do sector. Neste sentido a norma europea CEN/BTTF 138, a punto de publicarse, é unha mostra da necesidade de unificación e de control de calidade no sector da produción de traducións.

Máis aló das normas, a relevancia da xestión da calidade dedúcese do desenvolvemento de ferramentas que teñen por obxectivo a automatización do control da calidade e, que, como veremos, teñen funcións limitadas.

Neste número orientado á xestión de calidade, ademais de insistir na necesidade de controlar a xestión da terminoloxía como estratexia de calidade, presentamos algúns recursos lingüísticos de gran valor para os diferentes profesionais da lingua, así como o último logro en materia de investigación e desenvolvemento dentro de STAR Servicios Lingüísticos.


          Comité de redacción:

  • Michael Scholand: tradución asistida, xestión de calidade, finanzas e economía do negocio de tradución e localización
    michael.scholand @ star-group.net.
  • Dra. Lidia Cámara de la Fuente: informática aplicada á tradución, lingüística computacional, terminoloxía, documentación aplicada á tradución, recursos lingüísticos, xestión do coñecemento, xestión de proxectos
    lidia.camara @ star-group.net
  • Gabriel Quiroz: tradución técnica, terminoloxía, terminótica, tradución asistida por ordenador
    gabriel.quiroz @ star-group.net.
  • Pamela Núñez: enxeñería lingüística e informática, sitios  interesantes e novidades en Internet
    pamela.nunez @ star-group.net.

compás y delta


Normas de calidade

As normas de calidade para os servizos lingüísticos

     En breve, o sector da produción de traducións contará cunha norma unificadora para todas as empresas do sector en Europa. Referímonos á EN-15038. Esta norma iniciouse en 2002 e previsiblemente será publicada a principios do 2006 polo Comité Europeo de Normalización. Esta norma pretende aglutinar propostas europeas para conseguir o establecemento dun estándar europeo común aplicable a todos os provedores de servizos de tradución, tanto empresas de tradución, como tradutores autónomos. A iniciativa parte da Asociación da Unión Europea de empresas de tradución —EUATC (European Union of Associations of Translation Companies)—. AENOR, a Asociación española de normalización e estandarización, asumiu a dirección do proxecto repartido en varias tarefas executadas por diferentes países. Así, o grupo de traballo de Alemaña encargouse de establecer os termos e as definicións do sector; o equipo de Austria estableceu os requisitos básicos, tanto técnicos coma humanos, para ofrecer servizos de tradución; o equipo finlandés definiu a relación entre o cliente e o provedor de servizos (contrato marco, obrigas e dereitos das partes); o grupo español elaborou os procedementos administrativos, lingüísticos, técnicos, terminolóxicos dos servizos de tradución; e por último, o equipo inglés definiu os servizos de valor engadido para o entorno da tradución.

Estes procedementos de control de calidade en servizos profesionais de produción de contidos multilingües contan con antecedentes institucionais e privados que enunciamos a seguir:

  • ISO 9000, 9001, 9002, contemplan normas para garantir a calidade no proceso industrial. Destas normas despréndese que hai ciertos elementos que todo sistema de calidade debe ter baixo control, coa fin de garantir que os productos e servizos de calidade se xeran de forma consistente e a tempo. A serie ISO 9000 foi creada entre o 2000 e o 2002 por comités integrados por representantes de 27 países que se encargan das actualizacións necesarias. Foi adoptada por máis de 70 países en todo o mundo como a norma de maior aceptación que establece requisitos para os sistemas de calidade. Non é específica do ámbito da tradución.

  • ISO 2384, norma publicada en 1977, establece as regras para presentar de forma normalizada as traducións co obxectivo de facilitar o seu uso polas distintas categorías de usuarios.
  • LISA QA 3.0, modelo normativo publicado en 1995, establece un conxunto de normas propostas pola asociación LISA para a xestión e control da calidade no proceso de localización de todos os componentes dun produto.
  • UNI 10574, norma italiana publicada en 1995, documenta por primeira vez no entorno europeo as actividades relacionadas coa tradución e interpretación para o control da calidade especificamente para os servizos de tradución. O organismo responsable da súa publicación é UNITER (Organismo di Normazione e di Certificazione di Sistemi di qualità italiano).
  • DIN 2345, publicada en 1998 polo Instituto alemán para a normalización (Das Deutsche Institut für Normung), propón normas específicas para a xestión de proxectos de tradución e localización. Céntrase no proceso de tradución e na xestión empresarial deses proxectos. Atende a aspectos organizativos como orzamentos, contratos, formas de entrega, acordos de confidencialidade, entre outros. Esta norma recolle tamén aspectos de contido relacionados co control das traducións e a interacción co cliente.

Todas estas propostas, orientadas ao control da calidade, amosan tamén algúns dos fluxos de traballo relacionados co proceso industrial da produción de contido multilingüe. Isto é precisamente no que se inspira o seguinte apartado relativo ás tarefas relacionadas coa fase de tradución.


A automatización da calidade e os seus límites

    O seguimento de erros ortotipográficos ou de interpretación nas correccións non só é unha condición indispensable para a entrega de produtos de alta calidade ao cliente que fai os encargos de tradución, senón que permite avaliar con bastante precisión os procedementos dos provedores destes servizos.

Este seguimento lévase a cabo de forma automática e manual. As funcións automáticas de control da calidade máis comúns adxudícanse aos corretores ortográficos, terminolóxicos ou de etiquetas de formato que controlan as estructuras e características de maquetación dos documentos traducidos con respeto aos originais —estas funcións asúmenas normalmente os filtros de importación e exportación, tamén coñecidos como convertidores—.

Para unha empresa adicada á produción de documentación técnica multilingüe, estas funcións que automatizan algúns procedementos de control de calidade son indispensables. Non obstante, tamén cabe ser consciente de que estas funcións automáticas están limitadas, xa que carecen do coñecemento semántico necesario para desambiguar certos erros ortográficos ou interpretativos.


     Para STAR Servicios Lingüísticos, SL a xestión eficiente dos recursos lingüísticos de tipo terminolóxico e de memorias de tradución resulta ser un elemento clave para controlar a calidade. A estratexia de ponderar de forma manual en canto á súa fiabilidade os recursos lingüísticos almacenados e marcar as súas macroestructuras con información semántica acelera a súa accesibilidade desambiguada, incrementando a calidade do produto final. Este procedemento manual non garante a calidade plena, pero optimiza o proceso de produción. A calidade final dependerá sempre en último termo do factor humano.

traductor


A xestión terminolóxica para optimizar o control de calidade

    A industria GILT ofrece unha paleta de servizos ampla que vai desde a xestión de contidos (creación, edición, publicación), é dicir, xestión de documentación, aplicando técnicas de internacionalización e localización, ata o deseño e desenvolvemento de ferramentas que xestionan contidos en diferentes linguas (sistemas de tradución asistida, xestores terminológicos, convertidores, aliñadores, extractores, correctores, bancos terminolóxicos, corpus en liña, etc.). Esta industria que emerxe impulsada polo gran aumento das necesidades de tradución e adaptación técnica e cultural a outros mercados incrementa o seu volume de servizos debido:

  • ás disposicións legais de cada vez máis países para que os productos estean documentados e localizados para o mercado de destino;
  • á vantaxe que obteñen os productos localizados con respeto á competencia;
  • á necesidade de que a tecnoloxía cada vez máis sofisticada sexa descrita para poder explotar mellor as súas posibilidades de uso e funcionamento.

    Máis aló da relevancia da terminoloxía para a normalización dunha lingua, a xestión eficiente da terminoloxía ten un papel decisivo no desenvolvemento de productos de gran calidade para mercados multinacionais, como así amosa o informe de Kara Warburton, terminóloga de IBM, no marco da última conferencia da asociación LISA que tivo lugar en novembro en Zurich.

Recursos lingüísticos en liña

  • Recursos lingüísticos da Universidade de Leipzig: a Universidade de Leipzig puxo a disposición dos usuarios un conxunto de recursos lingüísticos multilingües. É, sen lugar a dúbidas, máis ca un diccionario e máis ca un corpus. Conta con recursos en alemán, inglés, francés, holandés, serbio e islandés. Non obstante, os recursos en alemán destacan de maneira especial. A partir dunha palabra preséntanos a relación das palabras asociadas, os sinónimos, os compostos, as concordancias, isto é, que palabras acompañan e con que frecuencia á cadea seleccionada. Coma se isto non abondara, ofrécenos unha representación visual destas concordancias tamén en forma de gráfico, como as parábolas que representan funcións no ámbito da matemática analítica.

    Pódese consultar en:
    http://wortschatz.uni-leipzig.de/


  • Banco de datos terminolóxicos da Universitat Pompeu Fabra: o banco de datos terminolóxicos UPF_TERM é un recurso electrónico para a consulta e difusión de traballos terminolóxicos elaborados por alumnos da Facultade de Tradución e Interpretación, do Institut Universitari de Lingüística Aplicada e outros centros de traballo e de investigación da Universitat Pompeu Fabra.
    O banco UPF_TERM, aloxado nun servidor de bases de datos adicado exclusivamente a este propósito, é un recurso de libre acceso para alumnos, profesores e investigadores da Universitat Pompeu Fabra e usuarios externos á Universidade. O usuario e contrasinal para a súa consulta atópanse nas páxinas de descrición do banco, accesibles a través do portal de recursos lingüísticos do IULA (http://www.iula.upf.edu).
    Actualmente, UPF_TERM conta con máis de 5.000 rexistros en diversas linguas, principalmente catalán, castelán, inglés e francés, entre outras, e repartidos en diferentes áreas temáticas. No momento de acceder ao banco, a interface de consulta pode cargarse en varias linguas (catalán, castelán, inglés, francés e alemán). O banco UPF_TERM está implementado coa tecnoloxía WebTerm da empresa STAR.

I+D

Novos logros en I+D en STAR Servicios Lingüísticos SL



     O día 20 de decembro de 2005, Lidia Cámara obtivo o título de Doutora suma cum laude en Lingüística aplicada pola Universitat Pompeu Fabra. A tese ten por título: Comunicación técnica multilingüe: gestión de conocimiento y de recursos lingüísticos para proyectos de traducción. Esta tese doutoral é un traballo de investigación aplicada e interdisciplinar que se propón deseñar e implementar un sistema de optimización para a xestión dos recursos lingüísticos propios dos proxectos de tradución e localización, é dicir, memorias de tradución e dicionarios terminolóxicos, nunha empresa de tradución. Trátase de dar resposta aos problemas de xestión da información que aparecen actualmente co incremento exponencial de documentos xerados nunha situación organizada complexa, tomando como exemplo o caso de STAR Servicios Lingüísticos. O traballo, ademais de ofrecer unha solución aos problemas expostos e describir os fundamentos teóricos do sistema de xestión de RRLL actualmente implementado na empresa, ten un valor eminentemente didáctico.

      

Este proxecto de investigación é outro fito na liña de traballo de STAR Servicios Lingüísticos, que ten por obxectivo unir as forzas da empresa privada e da universidade pública para promover a formación de profesionais da lingua. Culmina un traballo de seis anos de cooperación con diversas institucións de ensino. Durante estes anos a empresa impartiu cursos en programas de máster, deseñou un programa propio de cursos de coñecemento técnico para tradutores e localizou xunto coa Universitat Autónoma de Barcelona os programas Transit e TermStar ao catalán. Por iso constitúe toda unha honra, que ademais de obter un recoñecemento institucional público mediante o acto de defensa da tese, o traballo fose recomendado para a súa publicación por todos os membros do tribunal de avaliación. A tese de Lidia Cámara é, non só un exemplo de constancia no traballo, senón un enaltecemento público da excelencia no traballo de STAR Servicios Lingüísticos.

 


STAR Servicios Lingüísticos, S.L.

Ali Bei, 67. 08013 Barcelona. España.
+34 932 440 880 - starspain @ star-group.net
www.star-spain.com

 

logo star