STAR Servicios Lingüísticos, S.L. screwdriver
STARlette
Boletín n.° 8 de STAR Servicios Lingüísticos, S.L.
Xullo de 2006
Editorial

     Benvidos a esta nova edición de STARlette, o boletín informativo de STAR Servicios Lingüísticos. Nesta nova edición damos a coñecer a nosa participación no desenvolvemento do J2450, o sistema para avaliar a calidade das traducións de contido técnico. Igualmente, presentamos Linguamón, o organismo que traballa a favor do multilingüismo. Tamén informamos sobre a ampliación da nosa oferta formativa para a formación de profesionais da localización, homologada por el TILP (o Instituto de Profesionais da Localización). Como é habitual, ademais, reseñamos recursos lingüísticos de gran valor para os diferentes profesionais da lingua. Finalmente, comentamos os esforzos que se veñen realizando en STAR Servicios Lingüísticos para lograr unha maior proxección internacional no ámbito das tecnoloxías máis punteiras.

Normas de calidade Actividades Recursos lingüísticos Sobre a empresa

Moi breves: Premio Panhispánico de Tradución Especializada

A Unión Latina e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) convocan unha vez máis o Premio Panhispánico de Tradución Especializada. Este evento foi organizado coa colaboración da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI), do Instituto Cervantes, da Federación de Gremios de Editores de España e da Comisión Española de Cooperación coa UNESCO. Ademais, STAR Servicios Lingüísticos contribúe ao patrocinio da segunda edición.
Consulte http://dtil.unilat.org/panhispanico/index.htm para obter información adicional.

Moi breves: Curso de localizador profesional homologado polo TILP

Star Servicios Lingüísticos convocou novos cursos e obradoiros de tradución asistida por ordenador e xestión terminolóxica orientada á tradución homologados polo TILP dirixidos a tradutores e terminólogos. Para máis información sobre as datas e o temario, consulte o apartado de formación da web de Star ou envíe unha mensaxe ao departamento de formación.


Normas de calidade

Sistema para avaliar a calidade da tradución J2450

      STAR Servicios Lingüísticos, seguindo o compromiso que asume coa industria da lingua, aceptou participar no European J2450 Task Force.
Coa fin de establecer un sistema de avaliación que permita ás compañías do sector da automoción contrastar a calidade das traducións, a Sociedade de enxeñeiros de automoción (SAE) creou o Comité de Estudo J2450 para o desenvolvemento dun sistema de avaliación da calidade das traducións.
Os obxectivos do Comité de Estudo J2450 son:

  • Desenvolver unha metodoloxía que poida empregar toda a industria para avaliar a calidade das traducións.
  • Documentar o proceso de desenvolvemento deste sistema de avaliación e lograr a súa aprobación.
  • Subministrar o sistema de avaliación aos provedores de traducións.
  • Establecer unha norma que permita medir obxectivamente a calidade das traducións nas publicacións do sector do automóbil, independentemente do idioma de orixe ou de destino, así como do método de tradución (tradución humana o automática).

En outubro de 2001, o sistema J2450 foi aprobado polo comité da SAE e na actualidade recoméndase a súa aplicación. Ademais, ese mesmo ano constituíuse un comité de estudo europeo que actualmente se reúne cada mes en diferentes lugares de Europa. STAR Servicios Lingüísticos, compañía provedora de traducións do ámbito da automoción, foi invitada a colaborar como membro do comité European J2450 Task Force, para o establecemento da norma de calidade explicitada.

coche
Actividades
Linguamón e STAR Servicios Lingüísticos
linguamon

      Star Servicios Lingüísticos aceptou participar nun dos grupos de traballo de Linguamón.
Linguamón - Casa das Linguas, é un organismo de alcance internacional creado recentemente polo goberno catalán, e que ten por obxectivo traballar a favor do multilingüismo igualitario e equitativo. Neste sentido, Linguamón propónse levar a cabo iniciativas que contribúan a difundir a diversidade lingüística como valor e patrimonio da humanidade, e a recoller e proxectar internacionalmente modelos de xestión e respecto da diversidade lingüística.
Entre os servizos que desexa ofrecer este organismo ás comunidades lingüísticas destaca o “Centro internacional de boas prácticas en multilingüismo” (CIBPM), orientado a promover as linguas do mundo, difundir internacionalmente a súa experiencia na recuperación do catalán e propor iniciativas que constitúan un modelo de xestión do multilingüismo respectuoso, igualitario e equitativo.
STAR Servicios Lingüísticos é unha das entidades invitadas a participar nun dos grupos de traballo organizados polo CIBPM. En concreto, STAR participará no grupo orientado á sociedade da información e as tecnoloxías da información e a comunicación, pola súa iniciativa pioneira de colaboración co ámbito académico para levar a cabo a localización ao catalán de Transit/TermStar, a ferramenta integrada de tradución asistida por ordenador.
Pódese consultar en: http://www10.gencat.net/www.linguamon.cat/es/index.html


Curso de localizador profesional homologado polo TILP

tilp

      Debido á implicación dende hai anos de STAR Servicios Lingüísticos na formación de profesionais no eido da localización, o TILP (The Institute of Localisation Professionals) acreditou a STAR Servicios Lingüísticos como provedor dos cursos que certifican aos seus participantes como localizadores profesionais. En breve, farase público o contido dos programas de formación.
Pódese consultar en
http://www.tilponline.org/CLP/accreditedcourseprovider.shtml



Ponte Tecnolóxica a Finlandia e Suecia

      Nunha viaxe organizada pola Cámara de Comercio de Barcelona e a axencia de desenvolvemento local Barcelona Activa, STAR Servicios Lingüísticos, xunto cun nutrido grupo de empresarios españois da área das novas tecnoloxías, visitou Suecia e Finlandia. Foi unha ocasión única para coñecer de primeira man as razóns que levaron a estes dous países e ás súas empresas a situarse á vangarda do desenvolvemento tecnolóxico. Visitamos algunhas das firmas máis coñecidas de Escandinavia (Ericsson, entre elas) e centros de investigación como Tekes, VTT e o Helsinki Institute of Information Technology. renos “Que estes dous países escandinavos estean na cresta da onda das novas tecnoloxías débese a toda unha combinación de factores”, opina Michael Scholand, director de STAR SL, “entre eles destacan unha aposta clara non só pola innovación e a globalización, senón tamén pola mellora continua e unha política de formación orientada ás necesidades das persoas e as esixencias das sociedades modernas. É impresionante ver como as empresas, as universidades e os gobernos traballan conxuntamente para crear capital intelectual e facer posible un progreso sostible”.



STAR Servicios Lingüísticos participa no congreso Localization World

      Entre o 30 de maio e o 1 de xuño de 2006 máis de 600 persoas congregáronse no hotel Fira Palace de Barcelona para falar das últimas novas, tendencias e tecnoloxías no mundo da tradución e a localización.
Ao evento asistiron as principais empresas da industria da lingua, así como numerosos representantes de empresas interesadas en comercializar os seus produtos noutros mercados e, por tanto, interesadas en coñecer de primeira man os servizos e tecnoloxías que ofrecen na actualidade as principais empresas do sector da tradución.
STAR Servicios Lingüísticos participou activamente en Localization World en representación do grupo STAR. Para iso, contamos cun gran e exitoso stand no que se fixeron numerosas demostracións da ampla gama de produtos desenvolvidos por STAR: Transit, WebTerm, FormatChecker, James e GRIPS. Ademais, tivemos oportunidade intercambiar impresións e ideas coa competencia e informar sobre os nosos servizos a clientes potenciais. Ademais, Jesús Maroto, director de marketing e operacións de STAR Servicios Lingüísticos, fixo unha presentación sobre a tradución publicitaria á que acudiu un numeroso público.
A experiencia de STAR en Localization World foi altamente positiva, no só porque polo noso stand pasaron máis de 300 visitantes, senón porque ademais puidemos amosarnos tal e como somos: unha compañía estable, cun modelo empresarial sólido e sen medo a intercambiar ideas para lograr o beneficio dos nosos clientes e contribuír ao desenvolvemento da industria da lingua.

Recursos lingüísticos en liña

translate
Expresións idiomáticas con son e vídeos en tres idiomas: "Mil imaxes na punta da lingua" é unha escolma multimedia trilingüe que conta con 1000 expresións idiomáticas: con son e vídeos. Trátase dun sitio interactivo de expresións idiomáticas que son equivalentes en español, inglés e francés, pero que non sempre teñen a mesmo formulación nin conteñen a mesma imaxe.
As expresións están clasificadas por temas. Cada expresión está integrada nun curto texto que indica o seu significado e vén acompañada dun arquivo audio digital. A audición deste arquivo permite distinguir os matices na pronuncia e na entonación. Ademais, o sitio inclúe exercicios, xogos e algunhas animacións humorísticas que permiten descubrir o mundo fascinante das expresións idiomáticas. Este material didáctico foi concebido para os cursos de español, inglés e francés como linguas estranxeiras e tamén para os cursos de tradución que se dan nalgúns colexios de Canadá.
Pódese consultar en http://www.ccdmd.qc.ca/ri/expressions/index.html

futbol Terminoloxía de fútbol: Coincidindo co Mundial de Fútbol de Alemaña, o Centro de Terminoloxía TERMCAT publica na súa web un amplo conxunto de termos relacionados co fútbol.
Para cada un dos termos, recóllense a denominación en catalán, as equivalencias en español, francés e inglés, así como a súa definición. A interface de consulta, propia da colección “Diccionarios en Liña”, permite consultar as denominacións no índice alfabético de cada lingua ou ben facer unha busca no cadro de diálogo, tanto dunha denominación como dunha palabra da definición.
O Diccionari de futbol agrupa case catrocentos termos, procedentes do Diccionari general de l’esport, que Termcat está elaborando e que prevé publicar o ano próximo. Este diccionario conterá máis de 13.000 termos correspondentes aos setenta deportes máis practicados nas rexións de Cataluña, Baleares e Valencia.
Pódese consultar en http://www.termcat.cat/dicci/futbol/index.html

Comité de redacción
  • Michael Scholand: tradución asistida, xestión de calidade;
  • Dra. Lidia Cámara de la Fuente: lingüística computacional, xestión do coñecemento, formación;
  • Gabriel Quiroz: terminoloxía, terminótica;
  • Pamela Núñez: enxeñería lingüística e informática;
Sobre STAR Servicios Lingüísticos

STAR Servicios Lingüísticos fundouse en 1999 en Barcelona e forma parte do grupo STAR, unha das tres multinacionais de servizos de tradución e desenvolvemento de tecnoloxía lingüística máis importantes do mundo. O grupo STAR, fundado en 1984 en Suíza, conta con 36 oficinas en 28 países e un cadro de persoal de máis de 850 profesionais en todo o mundo. Dende a súa fundación, a sucursal española experimentou un continuo crecemento, fundamentalmente debido ao excelente servizo e relación calidade-prezo que oferta aos seus clientes. Os máis de 23 profesionais que integran actualmente o cadro de persoal proveñen dos ámbitos da tradución, a terminoloxía, a enxeñería lingüística, o marketing, a informática e o deseño gráfico, e constitúen un equipo dinámico totalmente adicado a ofrecer o mellor servizo. O buque insignia da gama de produtos STAR é Transit, o sistema de tradución asistida por ordenador, deseñado especificamente para cubrir as necesidades do tradutor, que incorpora a memoria de tradución máis sofisticada da industria da lingua. As ferramentas integrables de xestión terminolóxica TermStar e WebTerm, o sistema de control de calidade FormatChecker para maquetadores e as solucións avanzadas para o fluxo de traballo de tradución e globalización James e GRIPS conforman a exitosa gama de produtos STAR. Entre os seus clientes, atopamos nomes tan prestixiosos como Adobe, American Express, Airbus, Blaupunkt, BMW, Bosch, BSH, Bulgari, Cartier, Diesel, Dior, Hitachi, Leica, Lexus, Mercedes, Microsoft, McAfee, Peugeot, Roche, Tissot, Toshiba, Toyota, Unicef e Xerox, entre outros.

 


STAR Servicios Lingüísticos, S.L.

Ali Bei, 67. 08013 Barcelona. España.
+34 932 440 880 - starspain @ star-group.net
www.star-spain.com

 

logo star


Se desexa recibir este boletín nunha das linguas dispoñibles, prema en idioma para enviarnos unha mensaxe: español, catalán, galego, vasco o inglés. Se prefire ver as publicacións nalgunha destas linguas, visite a sección de actualidade na nosa páxina web.

Se non desexa volver recibir este boletín, envíenos unha mensaxe coa palabra clave: borrar, e o seu enderezo de correo electrónico será eliminado da base de datos de STAR Servicios Lingüísticos. Se está interesado en obter máis información ao respecto, visite a páxina sobre a nosa política de protección de datos: LOPD
 
Se desexa que se publique algunha información relacionada coas tecnoloxías aplicadas á tradución e á terminoloxía técnica que sexa de utilidade para profesionais da lingua, tradutores, terminólogos, xestores de proxectos, administradores de axencias ou departamentos de tradución, redactores técnicos, profesores, estudantes, etc., envíe unha mensaxe a STAR I+D SL.