STAR Servicios Lingüísticos, S.L. screwdriver
STARlette Boletín n.° 9 de STAR Servicios Lingüísticos, S.L.
Novembro de 2006

Se desexa recibir este boletín nunha das linguas dispoñibles, prema en idioma para enviarnos unha mensaxe: español, catalán, galego, vasco o inglés. Se prefire ver as publicacións nalgunha destas linguas, visite a sección de actualidade na nosa páxina web.

Se non desexa volver recibir este boletín, envíenos unha mensaxe coa palabra clave: borrar, e o seu enderezo de correo electrónico será eliminado da base de datos de STAR Servicios Lingüísticos. Se está interesado en coñecer máis información ao respecto visite a páxina sobre a nosa política de protección de datos: LOPD.
 
Se desexa que se publique algunha información relacionada coas tecnoloxía aplicadas á tradución e á terminoloxía técnica que sexa de utilidade para profesionais da lingua, tradutores, terminólogos, xestores de proxectos, administradores de axencias ou departamentos de tradución, redactores técnicos, profesores, estudantes, etc. envíe unha mensaxe a STAR I+D SL.
Editorial

     A aparición e desenvolvemento galopante das tecnoloxías da comunicación asociadas a Internet posibilitaron o crecemento imparable de contidos e de ferramentas que os xestionan. Estas ferramentas de xestión de contidos de tipo colaborativo son utilizadas cada vez máis pola comunidade virtual que, ben como consumidora, ben como xeradora de información, plasma a súa crecente actividade en blogs, wikis ou foros. Neste número presentamos a Wikipedia, un dos fenómenos de maior repercusión na actualidade, froito dun traballo colaborativo e a consulta do cal se fixo xa imprescindible entre os profesionais da lingua.

Neste número, ademais, remitímonos á Asociación de Empresas de Traducción (ACT) con motivo da incorporación de STAR Servicios Lingüísticos a este organismo.

Seguidamente incluirase unha referencia á decisión da Organización Mundial do Turismo (OMT) de adquirir tecnoloxía colaborativa para a xestión mundial e remota das súas bases de coñecemento.

Finalmente, e dado que en novembro xa se poden comprar turróns e polvoróns, concluiremos a nosa publicación amosando recursos lingüísticos en liña sobre Advento e Nadal.

Wikipedia ACT OMT e WebTerm Recursos lingüísticos

Moi breves

Comparativa entre STAR Transit XV e Trados Workbench

Hai pouco publicouse un artigo de Tim Hallet, presidente de Kanwa Translation, Technical Writing and Consulting, Inc., no se contrastaban dous dos sistemas de tradución asistida por ordenador máis utilizados entre os profesionais da lingua. Se está interesado na comparativa pode consultar o seguinte enlace:
http://www.star-spain.com/es/actualidad/Transit-vs-Trados_08-2006.pdf.

novos cursos X Simposio Iberoamericano de Terminología de RITerm en Paraguai

RITerm, a Red Iberoamericana de Terminología creada en 1988 para promover e difundir todas as actividades terminolóxicas nos países de fala española e portuguesa, celebra o seu X Simposio Iberoamericano de Terminología do 7 ao 10 de novembro de 2006 en Montevideo. Para máis información pódese consultar o sitio web do simposio:
http://www.riterm.net/xsimposio/es/index.htm.

Novos cursos de STAR Servicios Lingüísticos, SL

STAR Servicios Lingüísticos, SL amplía a oferta continua de cursos para profesionais da lingua. Á oferta de cursos para obter a titulación conducente ao certificado de localizador e os orientados á adquisición de coñecemento técnico de vangarda, engádese o novo curso Biotecnoloxía para tradutores e terminólogos.

Se desexa obter máis información consulte http://www.star-spain.com/es/formacion/biotectnologia.html

A Wikipedia

wikipedia

      Como a Wikipedia é un dos 25 sitios web máis visitados do mundo, partimos do suposto de que todo o mundo sabe que se trata da enciclopedia máis interactiva e plurilingüe que existe —contabilízanse 100 linguas—. Esta enciclopedia encádrase dentro dos proxectos da Fundación Wikimedia, que ten como principal obxectivo a difusión do contido colaborativo e libre en todas as linguas mediante a tecnoloxía de edición en liña inmediata denominada wiki. Mediante esta tecnoloxía, os usuarios poden editar contido de forma sinxela, rápida e interactiva. A repercusión desta posibilidade de edición colaborativa xunto co fenómeno dos blogs —tamén se emprega o término weblog ou caderno de bitácora— son sen dúbida o detonante dunha nova onda de euforia na cultura da Rede, onde os usuarios non só consumen senón que producen contidos en tempo real. Así, os artigos da Wikipedia seguen crecendo cada día a un ritmo vertixinoso dada a incesante proliferación de usuarios redactores. Esta popularización da autoría dos artigos podería despertar algún receo relativo á calidade. Sen embargo, esta prevención lóxica queda despexada se nos remitimos ao estudio que levou a cabo a prestixiosa revista Nature. Na comparativa realizada entre a Encyclopædia Britannica e a Wikipedia demóstrase que en xeneral existe aproximadamente o mesmo número de erros nunha enciclopedia e na outra. Constátase que, a pesar das posíbeis tachas cognitivas, é unha ferramenta única onde o tradutor pode escarvar e atopar información documental sobre calquera tema e, non en poucos casos, os seus termos equivalentes en múltiples linguas. Así, pódense establecer con facilidade relacións transversais aos artigos enciclopédicos traducidos e acceder a unha infinidade de redes semánticas co tema da busca en cuestión.


Afiliación de STAR Servicios Lingüísticos á ACT

coche

      En marzo de 2006, STAR Servicios Lingüísticos afiliouse á Asociación Española de Empresas de Traducción (ACT). A ACT foi fundada en 1990 por 6 pequenas empresas de tradución de Barcelona co obxectivo de establecer uns criterios comúns para regular o sector, mellorar a relación cos tradutores autónomos e dar a coñecer a profesión ao cliente. A ACT vela polos intereses do cliente preocupado por un servizo de calidade, que lle garanta unha imaxe e unha comunicación impecables. En 1994 pasa a ser socio fundador da EUATC, a federación internacional de asociacións patronais do sector da tradución, que actualmente conta con 17 países asociados.

“Tomamos a decisión de asociarnos á ACT polo extraordinario dinamismo que amosou a asociación durante o último ano. Non só colaborou de forma moi activa na creación da UNE-EN 15038, a nova norma de calidade de servizos de tradución, sino que tamén iniciou o primeiro estudo de mercado sobre servizos de tradución en España”, afirma Michael Scholand, director xerente de STAR Servicios Lingüísticos. “Brindamos así o noso apoio a unha organización cada vez máis dinámica e representativa dun sector fundamental na era da globalización empresarial: a tradución. Coa nosa incorporación, queremos contribuír ao obxectivo fundacional da ACT: velarXXX polos intereses dos nosos clientes; e en particular queremos amosar o noso especial interese en afondar no concernente á calidade e á normalización da nosa profesión.”


A Organización Mundial do Turismo adquire STAR WebTerm

wto

      A Organización Mundial do Turismo, axencia de Nacións Unidas con oficina central en Madrid, que constitúe un foro internacional no que respecta a políticas, coñecementos técnicos e experiencia derivados do sector turístico, uniuse recentemente ás máis de 60 organizacións de todo o mundo que elixiron STAR WebTerm 6.0 como a súa ferramenta de xestión terminolóxica.

      A Organización Mundial do Turismo publica habitualmente información en cinco idiomas: árabe, inglés, francés, ruso e español e, ocasionalmente, italiano, alemán e portugués. En total, a OMT traduce máis de dous millóns de palabras ao ano grazas a unha combinación de recursos internos e de tradutores autónomos. Para coordinar e xestionar dunha forma profesional os seus recursos lingüísticos e fomentar un uso eficaz do tempo dos tradutores, a OMT xa utilizaba as ferramentas integradas de tradución asistida STAR Transit e STAR TermStar desde o ano 2003. Non obstante, e tralo recoñecemento por parte da OMT da crecente importancia de divulgar a súa terminoloxía especializada a escala internacional, a organización planteouse a necesidade de buscar unha solución viable e rendible que se axustase ás súas necesidades específicas. WebTerm 6.0 é a aplicación de software que cumpre con todos estes requisitos.

      WebTerm, creada por STAR, permite xestionar e divulgar a terminoloxía entre persoas de calquera parte do mundo. Grazas a WebTerm, calquera empregado dunha empresa ou persoa interesada e con acceso ao sistema pode visualizar con facilidade a terminoloxía dunha determinada organización a través dun explorador Web estándar. As opcións de administración e busca en combinación coas funcións dos filtros fan que a configuración de perfís de usuario, así como a recuperación de termos e a súa edición, se leve a cabo de forma rápida e eficaz. WebTerm contribúe, ademais, á eliminación de erros e inconsistencias na comunicación internacional grazas á posibilidade de publicar con rapidez os bancos de datos terminolóxicos en Internet e á súa dispoñibilidade en tempo real para todos os empregados, colaboradores externos e público interesado.

      Para obter información adicional sobre WebTerm, visite:
http://www.star-spain.com/es/tecnologia/term_webterm.html
Se desexa probar o produto, consulte a demo en liña: http://www.star-webterm.com/.


Recursos lingüísticos en liña

nadal

Nadal na Rede: Internet está pragada de información terminolóxica referente ás festas do Nadal. Dado que o Sorteo de Nadal adoita ser o disparo de saída para as celebracións en España, que mellor que empezar esta sección cunha interesante colección de termos dun sorteo de Nadal. Se chegou o momento de felicitar as festas aos nosos amigos, nesta páxina poderemos aprender a felicitar o Nadal en máis de 100 linguas. Outro sitio web interesante é esta recompilación italiana de terminoloxía relacionada co Nadal. En cambio, se queremos saber que ten que ver o Karai Bosá co Nadal en Paraguai, ou ben simplemente temos interese en descubrir que se fai nestas datas noutras partes do mundo ou, por que non, se desexamos compartir experiencias vinculadas a estas datas, existe unha enciclopedia do nadal cunha filosofía baseada na xa mencionada Wikipedia. Finalmente, aqueles que queiran aproveitar as festas para mergullarse na Biblia, quizais atopen de interese Biblia paralela, que xestiona corpus paralelos con textos bíblicos equivalentes en español, inglés e árabe. Outro recurso similar, pero en latín, e con posibilidade de tradución ao español antigo e moderno, constitúeo a Biblia políglota.

¡Felices festas!

Comité de redacción
  • Michael Scholand: tradución asistida, xestión de calidade;
  • Dra. Lidia Cámara de la Fuente: lingüística computacional, xestión do coñecemento, formación;
  • Gabriel Quiroz: terminoloxía, terminótica;
  • Pamela Núñez: enxeñería lingüística e informática;
Sobre STAR Servicios Lingüísticos

STAR Servicios Lingüísticos fundouse en 1999 en Barcelona e forma parte do grupo STAR, unha das tres multinacionais de servizos de tradución e desenvolvemento de tecnoloxía lingüística máis importantes do mundo. O grupo STAR, fundado en 1984 en Suíza, conta con 38 oficinas en 4 continentes e un cadro de persoal de máis de 850 profesionais en todo o mundo. Dende a súa fundación, a sucursal española experimentou un continuo crecemento, fundamentalmente debido ao excelente servizo e relación calidade-prezo que oferta aos seus clientes. Os máis de 23 profesionais que integran actualmente o cadro de persoal proveñen dos ámbitos da tradución, a terminoloxía, a enxeñería lingüística, o marketing, a informática e o deseño gráfico, e constitúen un equipo dinámico totalmente adicado a ofrecer o mellor servizo. O buque insignia da gama de produtos STAR é Transit, o sistema de tradución asistida por ordenador, deseñado especificamente para cubrir as necesidades do tradutor, que incorpora a memoria de tradución máis sofisticada da industria da lingua. As ferramentas integrables de xestión terminolóxica TermStar e WebTerm, o sistema de control de calidade FormatChecker para maquetadores e as solucións avanzadas para o fluxo de traballo de tradución e globalización James e GRIPS conforman a exitosa gama de produtos STAR. Entre os seus clientes, atopamos nomes tan prestixiosos como Adobe, American Express, Airbus, Blaupunkt, BMW, Bosch, BSH, Bulgari, Cartier, Diesel, Dior, Hitachi, Leica, Lexus, Mercedes, Microsoft, McAfee, Peugeot, Roche, Tissot, Toshiba, Toyota, Unicef e Xerox, entre outros.

 


STAR Servicios Lingüísticos, S.L.

Ali Bei, 67. 08013 Barcelona. España.
+34 932 440 880 - starspain @ star-group.net
www.star-spain.com

 

logo star